
Comezamos a nosa andaina en Xullo do ano 2010, sen máis pretensión que a de divulgar un chisco a nosa música, pero pouco a pouco o proxecto foi medrando ata o que é hoxe en día. Pasaron polo estudio José Couso artistas e grupos como Uxía, Xabier Díaz, Budiño, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Riobó, Berrogüetto, Vaamonde Lamas & Romero, Os Cempés, Assembly Point, Tiruleque, Coanhadeira, Ulträqäns, Pesdelán, Sés... Telefónicamente ou directamente en concertos ampliamos a listaxe de grupos a nomes como Luar na Lubre, Leilía, Quempallou, Bellón&Maceiras... en definitiva, case a totalidade dos grupos galegos xa pasaron polas nosas ondas, pero a listaxe non queda aí, xa que nomes como Kepa Junkera ou Eliseo Parra tamén tiveron o seu espazo.Temos colaborado na revista dixital Sons da Galiza, e dende o 2012, somos unha das partes do xurado dos únicos galardóns que en Galicia premian á música folk, os "Premios Opinión" xunto con nomes como Fernando Neira (El País), Nonito Pereira (El Ideal Gallego)