
Ana Cores, técnica de consumo, estrea novo programa en RADIO NOVA que baixo o título "CONSUMO XUSTO" abordará diversos temas de interese para o consumidor e os seus dereitos. Tódolos xoves, a partir das 13 horas, RADIO NOVA amplía a súa oferta de programas con vocación de servizo público con "CONSUMO XUSTO" con Ana Cores, técnica de consumo.?? PARTICIPA NO PROGRAMA! Tes algunha dúbida relacionada co consumo? Escríbenos a [email protected] ou mándanos unha mensaxe escrita ou de voz ao noso whatsapp 633 655 233. A nosa colaboradora atenderá todas as dúbidas dos nosos oíntes.