
A Fran da Lobeira gústalle falar e contar as súas anécdotas, mais ao mesmo tempo, é curioso e sempre busca coñecer nova xente con outros puntos de vista sobre temas que lle apaixoan. De aí nacen as Conversas da Lobeira, que non son entrevistas comúns, senon máis ben, faladoiros con amizades, seguedores, persoeiros ou mesmo persoas descoñecidas para dar a coñecer á persoa e as súas inquedanzas, así como os proxectos nos que estea involucrado.