
🎙️ Podcast dos Premios Literarios da Universidade de Vigo Descubre as voces da nova literatura galega! 📚✨ Cada ano, coincidindo coas Letras Galegas , a Universidade de Vigo presenta unha serie de audiolibros cos textos gañadores dos Premios Literarios UVigo: poesía, relato curto e tradución á lingua galega. Un espazo para gozar da creatividade literaria en galego, coñecer o talento da comunidade universitaria e celebrar a forza das nosas letras. Organiza: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (ANL UVigo). 🔊 Dálle ao play e celebra connosco as nosas letras! 🎧📚 Locución: Natalia Otero Oubiña Produción: Ribeirart SL.