
Conexión en directo con Acampa desde os Xardíns de Méndez Núñez.Que é ACAMPA?ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, por persoas solidarias, e institucións e empresas con responsabilidade social.Ten como obxectivo:A defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.Abrir un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente.Afondar nas causas dos acontecementos para contrastar a información.REDE ACAMPA é:Unha expresión de compromiso coa Paz e o Dereito a Refuxio.Promove á participación e a implicación.É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, das ONGs, dos activistas, especialistas e xornalistas que traballan no marco do periodismo humanitario.Acollemos proxeccións, fotografía, música, teatro… eventos artísticos de todo tipo.Tamén f