
Nesta sociedade onde nos saturan con música de usar e tirar, onde parece que soamente existe aquilo que nos queiran vender e semella que en castelán e inglés as cousas molan máis, “Cheghar e Encher” busca darlle un espazo aos nosos grupos; aos da casa. Rock, ska, punk, pop, moderno, improvisación, underground, indie, trap, indefinido... sempre en Galiza. Sexas do estilo que sexas, sen importar ideoloxía, idade, sexo ou se pensas que a Terra é plana, en “Cheghar e Encher” tes un oco para a túa música. Escríbenos por esta rede social ou no correo “[email protected]” e cóntanos a túa historia, que música feita en Galiza queres escoitar ou se queres dedicarlle algunha canción galega alguén. De luns a xoves soará música feita na nosa terra e os venres contaremos con protagonistas especiais. Sintonízanos en SiRadio na sección de Vigo e área metropolitana ás 20.00 horas.Escoitámonos e sede felices!