
RADIO NOVA aumenta a súa oferta de programas coa incorporación de Juan Rocha e Mario Martínez Adán co novo programa musical para as noites dos sábados e domingos "JM REMEMBER".Estes dous Djs da antiga Discoteca Reyvi serán os encargados de lembrarnos vellos temas dos anos 80, 90 e 2000 que facían furor naqueles momentos. Tamén nos comentarán anécdotas que tiveron como testemuña á "movida nocturna" de Ponte Caldelas daqueles anos.Xa o sabes, a partir deste sábado ás 24 horas a túa cita coa boa música e o bo ambiente está en RADIO NOVA co novo programa "JM REMEMBER".