A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos.

Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de administración e servizos conforman un ecosistema no que se imparte e recibe docencia; no que se xera e transfire coñecemento e no que se multiplican as actividades institucionais, académicas, culturais e deportivas.

A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo achégavos agora, á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral, SONUVigo, un podcast no que os sons que fan Universidade de Vigo son os protagonistas.

Un espazo sonoro no que, a través de reportaxes, entrevistas e relatos, teñen cabida as historias que definen á institución e ás persoas que a integran.

Cun dobre significado, SONUVigo fai referencia, por unha banda, á materia prima do podcast: os sons que conforman a Universidade de Vigo e cos que se pretende animar ás