
A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía. <br /><br />O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía. <br /><br />O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.